Información
A VI Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de outubro de 2019.
Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.
Se queres presentar unha charla sobre algún tema que che interese ou organizar un taller, tes toda a infomación no apartado call for papers. Se prefires enviarnos calquera outra suxestión tamén podes contactar con nós a través do formulario de contacto.
Inscríbete na VI Xornada de Usuarios de R en Galicia
A inscrición é de balde, e de libre acceso
No desenvolvemento desta xornada inclúense tres obradoiros prácticos:
- Obradoiro de introdución ao software R (esta actividade enmárcase dentro do Sistema Titorial da Facultade de Matemáticas da USC).
- Obradoiro de visualización de datos espaciais con R.
- Obradoiro "Multivariative and Functional Data Calssification in R"
Para aquelas persoas que non poidan asistir o día da xornada, esta retransmitirase en directo a través desta páxina web, e con posterioridade subiranse os vídeos á canle de YouTube das xornadas.
Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e o CIXUG para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.
- Inicie sesión para enviar comentarios